En portadaÚltima hora

Petín prepárase para a III edición da súa Ruta de Bodegas

A festa, organizada pola Asociación Cultural Fonte Grande, celébrase este venres a partires das 20:30h.

Por terceiro ano consecutivo, a Asociación Cultural Fonte Grande celebra unha ruta polas adegas de Petín. A festa, co viño como protagonista está prevista para este venres 26 de agosto.

A 3ª Ruta das Bodegas de Petín, comezará en torno ás 20:30h. e participarán diferentes adegas da vila nas que se poderá degustar viño, entremeses variados, ensalada de pasta, paella e pan. A entrada custa 10 euros e inclúe a cunca de barro, o prato e o garfo. Ao remate, haberá verbena na praza Doutor Quiroga con Disco Stuu.

As entradas están á venda nos bares de Petín e tamén por Whatsapp, SMS, Facebook e na mesma ruta.

Entradas

Artigos relacionados

Back to top button