En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Petín rende culto ao Apóstolo

A localidade valdeorresa celebra hoxe, 25 de xullo, o día grande das festas patronais

Ao ritmo dos gaiteiros arrancaba o día grande das festas patronais na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana en Petín. Unha xornada festiva en toda Galicia, marcada pola solemne procesión coa que os veciños renderon culto ao patrón. Tralo percorrido polas rúas da vila acompañada polos gaiteiros, a comitiva regresaba á igrexa onte tiña lugar a eucaristía amenizada polo coro parroquial. E xa na praza, a xente desfrutaba da sesión vermú antes do xantar.

A festa en Petín continúa esta tarde con baile a cargo da orquestra Principal. Mañá, mércores 26 de xullo  tocaralle o turno a Santa Ana con procesión prevista para as 12:30h. e posterior misa. O broche ás festas deste ano porao a orquestra La Oca Band que actuará en sesión de tarde e verbena.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button