DeportesÚltima hora

A piscina Rosario Dueñas de Ourense acolle o Trofeo Pedro Escudero este sábado

Esta fin de semana, sábado 17 de xuño, terá lugar a 46 edición do Trofeo Pedro Escudero de natación en Ourense. Esta cita goza de grande prestixio ao seres o trofeo máis antigo de Galiciae un dos de España con máis edicións.

A Competición reunirá a un grande número de nadadores de toda a xeografía galega e do Norte de Portugal, e prevese que a asistencia supere os 400 deportistas que competirán en categoría absoluta. Por todo iso, este evento vén de ser premiado pola Xunta de Galicia co premio ao mérito deportivo hai unha semana.

A participación por parte do club anfitrión, o CNPO, constará dunha trintena de nadadores que preparan os seus obxectivos máis próximos dentro dunhas semanas que pasan polos campionatos autonómicos desde a categoría alevín ata a absoluta.

A competición celebrarase o sábado durante todo o día, dando comezo a sesión da mañá ás 10:000 horas e ás 17:00 horas pola tarde, sendo gratuíta a entrada para todos os asistentes

Benxamíns

Os máis pequenos da escola do CNPO tamén teñen un compromiso en Carballo. Trátase da Copa Galega Benxamín que reúne e clasifíca aos mellores conxuntos da liga anual desta categoría. Os pupilos de Martín Sabuz tratarán de mellorar o noveno posto que acadaron ao longo da tempada. Para iso, o equipo compóñeno 27 mozos deportistas que, sen dúbida, gozarán dunha boa tarde de natación.

Cartel da competición.

Artigos relacionados

Back to top button