ConcellosÚltima hora

As piscinas municipais do Carballiño inauguran tempada este mércores

A xornada inaugural será de acceso gratuíto a todos os complexos de baño e logo comezarán a funcionar os bonos
Os bonos poderanse utilizar todos os días do mes.

As piscinas municipais inauguran a tempada de verán no Carballiño este mércores, 21 de xuño, nunha xornada gratuíta de portas abertas. Dende o consistorio informan que o horario de apertura é dende as 11:oo até as 20:00 horas.

Dende on Concello do Carballiño apuntan que a brigada municipal de obras e persoal de limpeza están dando os últimos retoques para que o recinto ofreza mellor imaxe tras os múltiples traballos de acondicionamento levados a cabo nos últimos dous meses, e que afectaron aos vestiarios, baños, duchas exteriores, pintura, plaqueta da zona alta e reforma de cafetería-restaurante, entre outros.

Os prezos que rexirán nas piscinas a partir do mércores son:

Bono mensual familiar: 81 euros (válidos para 30 usos durante toda a tempada).

Bono quincenal familar: 41 euros (válidos para 15 usos durante toda a tempada).

Bono mensual individual adultos: 34,60 euros (de 16 anos en diante. Válidos para 30 usos durante toda a tempada).

Bono mensual individual infantil: 17,60 euros (dende os 4 anos ata os 16, tamén válidos para 30 usos durante toda a tempada).

Bono quincenal individual adultos: 23,80 euros (válidos para 15 usos durante toda a tempada).

Bono quincenal individual infantil: 11,70 euros (válidos para 15 usos durante toda a tempada).

Entrada diaria individual adultos: 2.50 euros.

Entrada diaria individual infantil: 1,50 euros.

Esta tempada, por vez primeira, Os bonos quincenais e mensuais, tanto familiares como individuais, e que ata agora so se podían utilizar durante a quincena ou a mensualidade concretas para as que se adquirian, poderán ser utilizados calquera día. É dicir, converteranse en bonos de 15 ou 30 usos, según sexa quincenal ou mensual, que serán válidos para 15 ou 30 días durante toda a tempada de apertura das piscinas.

Os bonos poden adquirirse nas oficinas de Recadación, na rúa Faustino Santalices, e segurián sendo de uso persoal e intransferibles.

Artigos relacionados

Back to top button