OurenseÚltima hora

Placa conmemorativa ao Concello pola súa participación en Termatalia

O alcalde recibía a placa de mans do presidente de Expourense. // Foto: Sara Fontenla.
O alcalde recibía a placa de mans do presidente de Expourense. // Foto: Sara Fontenla.

O Concello de Ourense recibía na mañá do xoves 13 de outubro unha placa conmemorativa de Termatalia, para agradecer a súa participación na decimosexta Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar celebrada no pasado mes de setembro en México. O director xeral de Expourense e de Termatalia, Alejandro Rubín, foi o encargado de facer entrega do agasallo ao alcalde ourensán, Jesús Vázquez. O acto tivo lugar na Alcaldía da casa consistorial.

Artigos relacionados

Back to top button