Galerías de fotosÚltima hora

Pleno infantil no Concello do Barco

O alcalde recibíu aos alumnos de 4º de Primaria do CEIP Condesa de Fenosa no salón de plenos

Peticións tan factibles como máis contedores de vidro ou a revisión de pequenos desperfectos en puntos do pobo (unha rede rota, unha farola fundida…) e outras máis surrealistas como unha piscina municipal en Éntoma, son algunhas das que o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, atendía na mañá do 17 de marzo.

Ese día, uns 42 alumnos de 4º de Primaria do CEIP Condesa de Fenosa, de entre 9 e 10 anos, eran recibidos no salón de plenos do Concello para bombardear con preguntas ao edil. Unha a unha, Alfredo García foi respondendo, deténdose en certos puntos como o tema da reciclaxe, destacando a importancia da campaña posta en marcha hai uns meses.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button