CulturaCulturaÚltima hora

A Pobra de Trives celebra as festas patronais

O Cristo, os días 13 e 14 e a Dolorosa, os días 16 e 17, son as dúas citas de referencia no mes de setembro
Procesión do Cristo o 14 de setembro polas rúas de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

Tres semanas despois das festas de San Bartolo, A Pobra de Trives celebra as patronais, nas que comparten protagonismo dúas figuras relixiosas: O Cristo e a Dolorosa.

Os festexos na honra ao Santísimo Cristo comezan mañá mércores 13 de setembro, con baile en sesión de tarde e verbena a cargo da orquestra Ledicia, pero non será ata o día seguinte, xoves 14 de setembro, cando teñan lugar os actos centrais. O programa abrirase en torno ás 10:30h. co pasarrúas da Banda de Música Cultural de Arcade (Pontevedra) e xa ás 12h. terá lugar a tradicional procesión co Cristo polas rúas da vila, seguida da misa solemne. A banda volverá actuar pola tarde, cun concerto pervisto para as 19h. e o baile correrá por conta do grupo Assia.

A fin de semana chegará coas actividades na honra á Dolorosa. Para o venres día 15 hai previsto un campionato de dardos e futbolín e para o sábado día 16, un pasarrúas a cargo da banda de gaitas Os Trintas; campionatos de pádel e tute; e baile en sesión de tarde e verbena coa orquestra Hiroshima.

 

Baile nas festas de San Bartolomé en agosto.

O día grande será o domingo, 17 de setembro, e arrancará co pasarrúas da Banda da Escola de Música de Barbadás. A misa solemne na honra á Dolorosa será ás 12:30h. seguida da multitudinaria procesión que rematará coa sesión vermú da charanga Triple B. Ese día serán as finais do campionato de pádel e a Banda de Barbadás dará un concerto na praza do Pilón ás 19h. O fin de festa correrá por conta da orquestra Santiago.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button