Galerías de fotosPolítica

Podemos A Rúa e Petín celebra a quinta asemblea aberta

Unha docena de persoas reuníronse na Biblioteca Municipal da Rúa o sábado 16 de abril

Os resultados das eleccións internas de Podemos Galicia que gañou Carmen Santos (elixida secretaria xeral), os avances da Comisión de Asuntos Sociais e a plurinacionalidade, son os temas sobre os que xirou a quinta asemblea aberta do Círculo de Podemos A Rúa e Petín.

A reunión, á que asistían unha docena de simpatizantes, tiña lugar na Biblioteca Municipal da Rúa na tarde do sábado 16 e abril e nela, os asistntes avanzaron o inicio do censo de persoas en situación de precariedade e con problemas de dependencia que están elaborando. Nesta ocasión falaron de tres casos concretos en Fontei, asegurando que cando completen o estudo e teñan unha perspectiva xeral da situación presentarán un informe ao Concello para que se faga cargo a entidade que corresponda.

A seguinte asemblea de Podemos A Rúa e Petín quedou fixada para o vindeiro 21 de maio.

Foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button