Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense sae en procesión co seu patrón San Roque

A procesión saíu da Catedral, pasando por Santa Eufemia, e rematou novamente no edificio catedralicio cunha misa solemne en honra ao santo

A festividade de San Roque congregou hoxe, 16 de agosto, na Praza Maior de Ourense á Corporación Municipal e aos membros da Policía Local para realizar a tradicional procesión do corpo de seguridade local.

Encabezada pola Real Banda de Gaitas da Deputación, a comitiva procesional saíu das portas do consistorio camiño da Catedral, onde recolleron a imaxe do santo para saíres en procesión. O santo saíu pola porta da rúa Juan de Austria para baixar á Igrexa de Santa Eufemia. Alí o cura dedicoulle unhas palabras aos axentes da Policía Local “que están aí para velar pola nosa seguridade”, dixo. Unha vez rematado o acto en Santa Eufemia, o percorrido continou até a Praza Maior e rematou novamente na Catedral, onde se celebrou a misa solemne en honra de San Roque.

Xa cara á unha e media da tarde, os axentes da Policía Local celebraron un ágape para celebrar o seu patrón.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button