OurenseÚltima hora

A Policía pide colaboración cidadá para atopar á nai do bebé que apareceu nun contedor en Ourense

Os axenste están a interrogar a veciños da zona do Vineún e tamén solicitaron aos hospitais da provincia o listado de nais xestantes
Na investigación está a colaborar a Policía Científica e a UDEV.

As investigacións sobre o recén nacido que apareceu o pasado domingo na rúa Río Bibei, no barrio do Vinteún de Ourense, comezaron por peitear a zona para poder localizar á nai do meniño. Segundo aseguran fontes policiais, nestas investigacións están a colaborar membros da Policía Científica así como o equipo da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV).

Os axentes abriron varias varias frontes para localizar á nai, xa que están a realizar interrogatorios aos veciños que viven nas zonas próximas ao lugar do achado e tamén analizando as gravacións das cámaras de seguridade dos negocios e entidades bancarias próximas. Neste senso, dende a Policía Nacional solicitaron a colaboración cidadá “para que poida aportar calquera información que considere vinculante ao feito”.

Outra das frontes abertas para atopar á nai, é a solicitude ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, así como aos outros hospitais da provincia, o listado de mulleres xestantes, para ver se algunha delas podería ser a nai do rapaz. Finalmente, tamén procederon á análise dos vestixios e restos de roupa atopados no contedor, cos que o meniño estaba envolto, para ver se se pode atopar algo de información da nai.

Polo momento, dende a Policía aseguraron que están “á espera de resultados” e aseguran que este é un proceso “moi lento”.

Artigos relacionados

Back to top button