EconomíaEconomíaÚltima hora

O Polígono de San Cibrao encarga ao Parlamento plantar a árbore do seu 52 aniversario

Miguel Santalices recomendou “formación e especialización do persoal, producir mellor e buscar excelencia” para crecer no futuro
Miguel Santalices plantando a árbore.

O Polígono de San Cibrao celebrou hoxe, 14 de decembro, o acto do seu 52 aniversario, do que salientaron o “especial protagonismo” do Parlamento de Galicia xa que o seu presidente, o ourensán Miguel Santalices, foi o encargado de plantar na “Arboreda do tempo” a árbore conmemorativa desta efeméride. “Levamos un tempo camiñando entre días extraordinarios, acontecementos únicos e fitos históricos”, dixo Elías Mera ¡, presidente da Asociación Empresarial do Polígono de San Cibrao, que así mesmo subliñou que “as nosas capacidades nos permiten chegar a todo o mundo sen saír do Polígono”. O presidente iniciou as súas verbas asegurando que “Tiveron que pasar 52 anos, pero por fin o Parlamento entrou hoxe pro primeira vez no corazón do Polígono de San Cibrao”.

Mera cualificou de “insólita” esta xornada e manifestou o seu desexo de que “nos vexan xunto e sentirnos xuntos. Facer Galicia. Non podemos seguir afastados uns dos outros. É camiño obrigado. E niso estamos”. Finalmente, apuntou que os indicadores do recinto industria, que sitúan ao municipio entre os cinco con maior PIB por habitante de Galicia.

Pola súa banda, Miguel Santalices agradeceu a acollida e declarouse convencido de que o Polígono “ten un enorme potencial de crecemento”, salientando que a súa actividade amosa que en Ourense “dispomos de materia prima e de recursos humanos de calidade, pero tamén de emprendedores capaces de conseguir o que se propoñan”. Para afrontar o futuro con garantías, o presidente do Parlamento recomendou “formación e especialización do persoal, producir mellor e buscar excelencia”.

Previamente a plantar a árbore, Miguel Santalices firmou no libro de honra da Asociación e explicoulle aos empresarios e asistentes as competencias e o funcionamento da Cámara, ademais das posibilidades de participación directa que ofrece. Durante a presentación da conferencia, Elías Mera afirmou ter unha fonda débeda de gratitude co invitado de honra, a que se referiu como “un caso excepcional no que o cargo e a persoa se corresponden con desacostumada idoneidade”.

Artigos relacionados

Back to top button