En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ponse en marcha a XIX Volta a Valdeorras

Pasadas as nove da mañá do domingo 25 de xuño dábase a saída na praza do Concello do Barco á XIX Volta a Valdeorras. Minutos antes ían concentrándose os participantes e, tras o corte da cinta por parte do alcalde do Barco, Alfredo García, e do concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, comezaba a proba. Os ciclistas collían a estrada xeral do Barco, pero na rotonda da Proba daban a volta para volver a pasar pola vila e despois xa subir pola ponte sobre o tren e saír pola avenida do Bierzo.

Afrontarán un percorrido de 109,5 quilómetros que pasará por Quiroga, o Alto da Moá (porto de 1ª categoría) e Trives, para rematar diante do pavillón de Calabagueiros de novo no Barco. Alí poderán ducharse e participar nunha pinchada para corredores e acompañantes (previa inscrición) prevista para as 14:30h.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button