EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A posiblidades de negocio dunha franquicia, analizadas no Barco

O centro de formación de AEVA acollía unha xornada impartida por Nacho Cabaleiro na tarde do 26 de outubro

É unha fórmula que permite medrar, pero cunha serie de implicacións que é preciso coñecer e valorar antes de dar o paso e asumila. Así se poñía de manifesto na xornada “Multiplica o teu negocio coa franquicia”, que se desenvolvía na tarde do 26 de outubro no centro de formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) no Barco.

Con esta exposición pretendíase “informar, tanto a empresarios como a emprendedores, das posibilidades que ofrece esta fórmula de negocio, tanto dende o punto de vista do franquiciador como oportunidade de negocio, como dende a do franquiciado, como responsable da marca onde invirten moitos emprendedores”, explicaba ao comezo do acto o vicepresidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Alejandro Cruz Iglesias.

De seguido Nacho Cabaleiro Fernández, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE e que actualmente desenvolve a súa profesión na firma Makro Consultores, explicaba en qué consiste e cómo funciona unha franquicia, os seus condicionantes, e os pasos que deben seguirse á hora de franquiciar un negocio. Asemande comentábanse as boas prácticas a ter en conta para que unha franquicia resulte un éxito. Esta xornada foi organizada de forma conxunta por AEVA e pola CEO.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button