Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Praza Maior de Ourense enmudece ante “Keltia”

Sentimento, música e poesía fixeron que a cidade volvese de novo a época dos castrexos

Cara ás oito e media da tarde, a Praza Maior de Ourense comezou a encherse de xente que acudíu ao lugar para gozar do espectáculo “Keltia”. Andrea Pousa e Bruxo Queiman, dous dos protagonistas do espectáculo; e o elenco de actores e músicos, fixeron enmudecer ao patio de butacas improvisado da ágora da capital das Burgas.

A solemnidade dos diálogos, mesturado coa impecable voz de Andrea Pousa así como a iluminación e a música, crearon todo un ecosistema céltico propio da cultura atlántica. Toda unha serie de recursos expresionistas fixeron tremer á cidade e sacaron os aplausos, en moitas ocasións, do público. “Keltia” pecha deste xeito a súa xira por toda Galicia.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button