Precata para as Distincións Gallaecia na D.O. Monterrei

Participaban dous paneis de cata que valoraban un total de 56 viños, dos que 29 eran brancos

Ata a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei se desprazaban na mañá do 17 de xullo os membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia. Nesta visita realizaban unha precata de cara a seleccionar os viños desta denominación orixe ourensá que pasarán á cata final que se realizará en setembro en Ourense e onde se decidirán os galardóns desta edición en cada unha das de denominacións de orixe galegas

O equipo que se desprazaba ata Verín estaba integrado por 15 catadores e del formaban parte enólogos, sumilleres e membros do panel de cata de calificación de Monterrei. Este grupo, que foi recibido polo presidente do C.R.D.O. Monterrei, José Antonio Da Silva, organizábase en dous paneis de cata que valoraban un total de 56 vipos, dos cales 29 eran brancos e os 27 restantes, tintos.

Despois da cata, o vicepresidente de Gallaecia, Aurelio Vázquez, cualificaba aos viños, boa parte deles da última añada, de “excelentes, nunha liña ascendente, e que reafirma o esplendor da añada 2015”. Aludindo en concreto aos brancos, dende Gallaecia resáltase “a predominancia do godello, que ofrece equilibrio, persistencia e unha frescura atlántica”. Sobre os tintos, indican que “son redondos, equilibrados, cos taninos pulidos e maduros e con boas acideces que aportan frescura”.

Fotos cedidas polo CRDO Monterrei.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies