EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Premio á mellor maridaxe con viños de Valdeorras no concurso coruñés “Picadillo”

Nel participan 74 locais da cidade que ofertarán un total de 97 tapas diferentes
Cartaz deste concurso de tapas.
Cartaz deste concurso de tapas.

Ata o vindeiro 29 de setembro desenvolverase na Coruña o XII Concurso de Tapas Picadillo. Nel tomarán parte un total de 74 locais que ofrecerán ao longo destes días 97 tapas diferentes que concursan en dúas categorías: tradicionais e creativas. Os establecementos están agrupados en catro rutas que abranguen toda a cidade.

A principal novidade desta edición do certame é que os participantes poderán competir nunha nova categoría e optar a converterse na mellor tapa que maride cos viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Co fin de seleccionar as mellores tapas en cada unha das categorías dous xurados profesionais irán visitando, de incógnito, os locais. “Ademais un sumiller profesional valorará as tapas presentadas e escollerá ao ganador da categoría maridaxe”, segundo informan os organizadores.

Este certame, que inclúe tamén actividades para os máis pequenos, como é o caso de obradoiros para coñecer o proceso de elaboración de tapas; está organizado polo Concello da Coruña xunto con Turismo da Coruña e a Deputación provincial.

Artigos relacionados

Back to top button