Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Presentación da candidatura do PP de Verín

O acto contaba coa presenza do secretario xeral do PP de Galicia Alfonso Rueda
Acto de presentación da candidatura do PP de Verín.
Acto de presentación da candidatura do PP de Verín.

Juan Manuel Jiménez optará de novo á reelección como alcalde e liderará a lista coa que PP se presentará ás eleccións municipais en Verín o vindeiro 24 de maio. A candidatura popular presentábase o 23 de abril nun acto celebrado na Casa da Cultura verinense e que contaba coa presenza do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda.

Na súa intervención, o candido do PP á alcaldía, Juan Manuel Jiménez, presentaba aos homes e mulleres que conforman a lista popular. “Hoxe é un día importante xa que presentamos ao equipo que concurrirá ás eleccións do vindeiro 24 de maio, un equipo que representa a máis de 2.000 afiliados e que aspira a representar a todos os veciños/as de Verín”, aseguraba Jiménez Morán, que asemade destacaba que “se trata de persoas loitadoras, que cren en Verín e que traballarán, como fixemos ata o de agora, para incrementar a calidade de vida de todos os veciños do municipio”.

Ademais de Manuel Jiménez Morán, a lista está formada (do número 2 ao 17, por esta orde) por: Castor Gago Álvarez, María Luisa Valladares Rodríguez, José Hilario Castro González, María Inmaculada Hervella Ramos, Víctor Manuel Baladrón Lamas, Antonio Ángel Méndez Atanes, María Corona Mexeira Romasanta, Daniel Diéguez Diéguez, Ana María Álvarez González, José Ramón Blanco Cid, María Luisa Salgado Carballo, María del Pilar Fernández González, Víctor Baños Luis, Noemí Adao Francisco, Roberto González Rodríguez e María del Pilar García Lorenzo. Ademais hai outras dez persoas que figuran como suplentes.

De seguido, adiantaba algunhas das liñas principais do seu programa electoral, “que nace de abaixo a arriba, atendendo ás demandas dos nosos cidadáns” e “que se asenta no fomento do emprego, creación de máis e mellores servizos, indice nas políticas sociais, respecto polo ambiente, e promoción do deporte, educación e cultura”.

Así o programa do PP de Verín aséntase nas seguintes grandes liñas: creación de emprego, promoción económica e turística, servizos sociais, mocidade, deporte, sanidade, seguridade cidadá e cultura. “Desde o grupo do Partido Popular cremos que esta vai ser a lexislatura do emprego, e por iso a nosa principal prioridade será a creación de emprego centrando os nosos esforzos na posta en marcha de iniciativas que incentiven o asentamento de novas empresas e apertura de novos negocios no noso municipio”, dicia Jiménez Morán.

“Ademais”, engadía, “imos seguir apostando polo sector turístico para impulsar a creación de novas empresas, a través de accións como a rehabilitación do balneario de Caldeliñas e realización das xestións necesarias para a mellora do de Fontenova así como a recuperación da súa área industrial”, destacou o candidato popular “ademais da reactivación do agüismo, revalorización do patrimonio termal, cultural e natural con medidas como a finalización da Ruta do Támega que conecta Verín con Vidago”.

Estas propostas de futuro tamén tocan ao sector industrial e primario, a través da promoción da segunda fase de ampliación do Polígono de Pazos, recuperación do cultivo da oliveira, promoción da viticultura ou facilitar o uso da terra para os/as interesados/as na súa explotación, entre outras medidas, segundo anunciaba.

Artigos relacionados

Back to top button