Política

Presentación de Jesús Vázquez como candidato popular á alcaldía de Ourense

Tiña lugar na tarde do 16 de marzo no Centro Cultural Marcos Válcarcel da cidade
Jesús Vázquez, acompañado polo presidente do PPdeG e polo presidente do PP en Ourense.
Jesús Vázquez, acompañado polo presidente do PPdeG e polo presidente do PP en Ourense.

“Necesitamos respecto, claridade e proximidade dos políticos”, aseguraba Jesús Vázquez no acto no que se presentaba como cabeza de lista do PP en Ourense para as vindeiras eleccións municipais. “Respecto á institución que representamos, respecto á ciudadania, á cidade de ourense. Respecto ás propostas que fagamos, é dicir, respecto á palabra dada. O que se diga que se faga. Claridade, nas nosas decisións. E cercanía aos nosos veciños antes e despois das eleccións. A prioridade dun político debe ser o contacto cos veciños”, recalcaba na tarde do 16 de marzo no Centro Cultural Marcos Válcarcel.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, no acto.
O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, no acto.

Tamén avanzaba o modelo de cidade que el quere: “un Ourense amable, dinámico, comprometido, creativo e solidario. Unha cidade de prestación de servizos. Con ideas claras e realizables. Fóra de promesas incumpridas. Faremos un chamamento (políticos, funcionarios, entidades e forzas vivas da cidade, a todos e cada un dos cidadáns) para que nestes catro anos fagamos un proxecto de futuro, onde Ourense sexa o realmente importante. Unha cidade para vivir, unha cidade que non deixe a ninguén fóra, comenzando polos mais cativos e rematando polos nosos maiores”.

O candidato do PP á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, no acto.
O candidato do PP á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, no acto.

Neste acto, Vázquez estivo acompañado polo presidente local, Rosendo Fernández; polo presidente provincial, Manuel Baltar; e polo presidente autonómico do PP, Alberto Núñez Feijóo, entre outros representantes populares.

Artigos relacionados

Back to top button