CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase “Contos e lendas do Val de Monterrei” na Biblioteca de Verín

A obra, coordinada polo escritor verinés Xosé Carlos Caneiro, recompila contos de tradición oral de diversas temáticas

 

Portada do libro.

O xoves 15 de xuño a Biblioteca de Verín acollerá ás 20h. a presentación da obra “Contos e lendas do Val de Monterrei”. Trátase dunha obra conxunta, que ten sido coordinada polo escritor verinés Xosé Carlos Caneiro hai vinte anos. Reúne contos de tradición oral de diversas temáticas (meigas, demos, aparicións, mouros, tesouros, oficios, animais, cregos, etc…). Esta obra foi ilustrada por autores de Verín e comarca, que prestaron de xeito desinteresado a súa creatividade para acompañar os textos.

As persoas que participaron na realización deste libro “cederon os dereitos para a edición desta obra por parte do Concello de Verín, reixentando calquera tipo de ingreso derivado da venda deste libro, que se poñerá á venda nun breve período de tempo”.

Artigos relacionados

Back to top button