OurenseÚltima hora

Preséntase en Ourense o “Labirinto Quessada”

O acto terá lugar o 27 de novembro no Magma Espacio da rúa Bedoya
Pintura de Xaime Quesada.
Pintura de Xaime Quesada.

Mañá venres 28 de novembro a Fundación Xaime Quessada Blanco presentará no Magma Espacio (Rúa Bedoya, 27 Baixo) o “Museo aberto dixital: Labirinto Quessada”.

Tal como explican dende a Fundacion, “Labirinto Quessada” é un dispositivo tecnolóxico que xerará unha nova relación entre a cidade e o pintor Xaime Quessada, achegándose a xeración cultural do “Volter” dende tecnoloxías accesibles para todos os públicos, e que supón un paso adiante na oferta e modelos de traballo turístico-culturais da cidade de Ourense.

No acto que comezará ás 12:30h. estarán presentes Chus Blanco, viúva de Quessada, Óscar Penín, responsable do proxecto, e Uxío Novoneyra Rei, como mantedor da presentación.

Artigos relacionados

Back to top button