CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Preséntase o libro “Entruidos e Mascaradas na Galiza” en Santiago

Está promovido dende as Escolas de Ensino Galego Semente e inclúe 58 deseños con case 70 mascaradas galegas de Entroido e doutros ciclos festivos

 

Acto de presentación do libro en Santiago./ Foto cedida.

A Escola de Ensino Galego Semente Compostela presentaba o libro “Entruidos e Mascaradas na Galiza” na mañá do 18 de febreiro. Trátase dun traballo con estética de caderno, e pensado para todas as idades, que reúne 58 deseños con case 70 mascaradas galegas de Entroido e doutros ciclos festivos,  acompañados dunha breve explicación da súa dinámica e do lugar do que proceden.

“Cada deseño vai tamén acompañado dunha actividade (actividades de lecto-escrita, xogos, receitas, adiviñas, refráns, actividades manuais…), que se conforman coma unha boa ferramenta quer para familias quer para centros educativos coa que descubrir en profundidade o universo destes ciclos festivos”, indican dende Semente.

 

Portada deste traballo./ Foto cedida.

O diñeiro recadado da venda vai ir destinado na súa totalidade ao financiamento das Escolas de Ensino Galego Semente, que “defenden a coeducación, a laicidade, o asemblearismo, a interacción pola natureza, o respecto pola autorregulación das nenas, a integración no contexto do barrio e que favorecen a adquisición, coidado e consolidación da nosa lingua”, indican.

Os puntos de venda pódense consultar no Facebook @entruidosementecompostela.

Artigos relacionados

Back to top button