CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase o libro “Os Bolechas van a Quiroga”

O Concello de Quiroga vén de editar esta nova obra de Pepe Carreiro
Presentación do libro "Os Bolechas van a Quiroga".
Presentación do libro “Os Bolechas van a Quiroga”.

Na mañá do 19 de decembro, tiña lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Quiroga a presentación do libro “Os Bolechas van a Quiroga”, obra de Pepe Carreiro editada na editorial Bolanda, nun acto ao que asistiron autoridades locais e os alumnos e alumnas do CEIP de Quiroga, aos que o Concello agasallou cun exemplar da obra.

Tal como explican dende o Concello “o obxectivo deste libro é, dar a coñecer o inmenso patrimonio artístico, paisaxístico, etnográfico e cultural que agocha o noso municipio a través das aventuras dos supercoñecidos e famosos personaxes dos Bolechas. Os protagonistas desta hitoria visitan os principais puntos de interese turístico do munnicipio coma por exemplo o Castelo dos Novaes, a Igrexa da Ermida e a de Hospital, Montefurado, Mina romana de Margaride, o Pregamento de Campodola, a Lagoa de Lucenza, etc.”

O libro poderá adquirirse nas librerías da vila que estean interesadas en poñelos á venda e tamén no Museo Etnográfico e no Museo Xeolóxico de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button