CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Preséntase unha tese sobre a realidade das escolas fronteirizas na época das ditaduras na Biblioteca de Verín

Ten sido realizada por Marília Julieta Rodrigues Gómes Ruivo, quen a expoñía na tarde do 22 de xuño nesta vila ourensá
Celso González presentando á autora da tese./ Foto: Biblioteca de Verín.

“A realidade educativa no nordeste português e nas escolas castelhano-leonesas e galegas fronteiriças, a través da memoria oral, na época das ditaduras” é o título da tese de doutoramento realizada por Marília Julieta Rodrigues Gómes Ruivo e que expoñía na tarde do 22 de xuño na Biblioteca do Concello de Verín.

O acto era presentado por Celso González Barja, amigo da autora, membro do club de lectura senior na Universidadede de Chaves e tamén de Amnistía Internacional. De seguido tomaba a palabra Marília J. Rodrigues, quen explicaba os contidos do seu traballo, no que se recollen e estudan os testemuños de antigos/as alumnos/as da escola primaria na época da ditadura na zona de Verín e na zona portuguesa -desde sempre ligada á veciña Galicia- de Tras-os-Montes.

Marília Julieta Rodrigues Gómes Ruivo intervindo no acto./ Foto: Biblioteca de Verín.

A autora investigou e estudou os diferentes casos coa finalidade de coñecer máis afondado a rexión, no referente ao campo da educación e o tempo das ditaduras. Os concellos fronteirizos estudados na tese de Ruivo foron: Chaves – Verín, Vinhais – A Mezquita, Vimioso – Alcañices e Miranda do Douro – Bermillo de Sayago.

Artigos relacionados

Back to top button