Galerías de fotosÚltima hora

A presenza de Monterrei en Prowein, en imaxes

Monterrei está a promocionar nestes días os seus viños nun dos certames internacionais de referencia para profesionais da viticultura, produción, comercio e gastronomía: Prowein 2017, en Düsseldorf (Alemaña). O certame, que comezaba o 19 de marzo, concluirá mañá día 21.

Nel o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei cota con stand propio, levando os viños de 19 das 25 bodegas que ampara a denominación. Deste xeito en Prowein poden catarse un total de 40 referencias, 25 brancas e 15 tintas, que permitirán que os visitantes da feira podan comprobar as especificidades dos viños deste territorio vitivinícola.

As adegas son: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis Gómez, José Antonio Da Silva, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo Rivero, Manuel Guerra Justo, Concepción Paradela, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar e Trasdovento.

Monterrei non é a única denominación de orixe vitivinícola ourensá presente en Prowein, tamén participan na feira Valdeorras e Ribeira Sacra.

Fotos: CRDO Monterrei.

Máis información: https://osil.info/os-vinos-de-valdeorras-monterrei-e-ribeira-sacra-na-feira-prowein-alemana/

Artigos relacionados

Back to top button