CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Máis de 21.000 alumnos comezan as clases na ESO, Bacharelato e Ensinanzas de réxime especial en Ourense

O curso escolar 2017/2018 arrancaba na mañá do 15 de setembro

Catro días despois de que os máis pequenos comezaran o curso 2017/2018, ás oito e media da mañá do 15 de setembro facíano os dos institutos. Un total de 146.962 estudantes comezaron hoxe, as clases na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, e Ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos da Consellería de Cultura e Educación. Con todo, as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en Secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 90.679 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, 17.490 na provincia de Ourense (5.475 en centros públicos, 3.004 en centros privados concertados e 186 en centros privados non concertados).

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 31.269 alumnos comezaron as clases de Bacharelato ordinario en Galicia, 2.915 na provincia de Ourense.

Dende CIG Ensino Ourense, denuncian que este curso escolar comezou “cun aumento da provisionalidade, con máis profesorado interino e con menos profesorado funcionario de carreira”.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

 

Artigos relacionados

Back to top button