Coa entrega de dorsais e recepción de autorizacións a partires das 8:30 horas arranca mañá, sábado 22 de outubro, a XI edición da Andaina & Trail de Outono organizada polo Club Peña Trevinca O Barco, sobre un percorrido de 13,5 quilómetros para a andaina e 19 para a carreira.
A saída darase no paseo do Malecón do Barco de Valdeorras (xunto á pasarela de cruza ata a área recreativa do Salgueiral), ás 9:30 horas para os andarines e ás 10 horas para os corredores.
Trala proba, en torno ás duas da tarde, haberá unha pinchada seguida da entrega de trofeos e sorteo de agasallos. Segundo as inscricións que se pechaban o 19 de outubro, espérase a 179 corredores entre ámbalas duas probas, de diferentes categorías (masculina e feminina), incluíndo aos membros da organización.