Preto de 40 comercios do Barco e da Rúa súmanse ao “Venres Negro”

Estes establecementos permanecerán abertos o día 24 de novembro ata as 22h. e ofrecerán descontos do 20% en artigos de tempada

Un dos establecementos valdeorreses que participará na campaña do “Venres Negro”./ Foto: Mónica G. Bellver.

Con descontos de ata o 20% en artigos de tempada e ampliando os seus horarios de atención ao públicos o comercio valdeorrés súmase ao “Venres Negro”. Así ao longo da xornada do 24 de novembro preto de 40 establecementos do Barco e da Rúa ofrecerán interesantes prezos aos seus clientes e permancerán abertos ata as dez da noite. Esta iniciativa será promovida a través da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

No caso do Barco participarán nesta campaña un total de 26 tendas de sectores moi diferentes como o téxtil, os complementos e os zapatos, pasando pola perfumería e a estética e ata a decoración, os libros e a óptica. No que se refire á Rúa serán dez os establecementos nos que se poderá desfrutar dos descontos deste “Venres Negro”.

 

Establecementos participantes no “Venres Negro”.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies