ConcellosÚltima hora

Inminente inicio das obras de mellora do vial OU-411, en Bande

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia este proxecto en Bande con 43.000 euros
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co alcalde de Bande, José Antonio Armada.
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co alcalde de Bande, José Antonio Armada.

Mañá martes, 3 de maio, está previsto que se inicien as obras de mellora de seguridade viaria na Pontella, na estrada OU-411, ao seu paso por Bande. Así o anunciaba o pasado sábado a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tras unha reunión celebrada co alcalde do municipio afectado, José Antonio Armada. Este proxecto está financiado pola Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestrturas, para o que destinou unha partida de preto de 43.000 euros.

As actuacións centraranse na ampliación dunha ponte estreita, situada no punto kilométrico 0+510 da estrada OU-411. Para iso, o plantexamento inclúe a colocación dunha lousa prefabricada de xeito que se poida dispor unha beirarrúa de dous metros e dous carrís de circulación de tres metros, separados por unha barreira metálica.

O prazo previsto para levar a cabo esta reforma é duns catro meses e, tal e como sinalaron dende o executivo autonómico, obrigará a pechar ao tráfico o vial. Non obstante, establecerase durante este período un desvío alternativo sinalizado para os usuarios que se vexan afectados polo corte.

Artigos relacionados

Back to top button