DeportesÚltima hora

Primeira xornada da Copa Deputación de Salvamento e Socorrismo, en Ourense

A proba, organizada polo Club Salvour, celébrase mañá na piscina Pedro Escudero a partires das 10:30h.
Membros do Club Salvour na Copa Deputación 2016 de salvamento e socorrismo deportivo.

A piscina de 25 metros do pavillón municipal de Os Remedios (Pedro Escudero), acollerá mañá sábado 22 de abril a primera xornada da IV Copa Deputación Ourense. Esta competición, organizada polo Club Salvour (Escola de Salvamento e Socorrismo Deportivo de Ourense), está dirixida a todos os deportistas ourensáns con licencia en vigor neste deporte e nesta tempada esperan contar con máis de 90 participantes representando ás categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, sénior e máster.

Nesta primeira xornada que comezará ás 10:30h. “realizarase a proba de 100 metros socorrista, na cal se sumarán os primeiros puntos que contarán para as seguintes xornadas, e axudarán a decidir a entrega de medallas, trofeos e premios aos deportistas participantes”, explican dende Salvour.

Artigos relacionados

Back to top button