DeportesEn portadaGalerías de fotos

Proba popular na apertura da I Travesía a Nado de Valdeorras

Pasadas as once e media da mañá do 5 de setembro soaba o sinal que marcaba o inicio da proba popular da I Travesía a Nado de Valdeorras, que tiña lugar no Barco. Partía un pouco máis abaixo da ponte de San Fernando e o seu traxecto cubría unha distancia duns 350 metros, ata a zona da praia fluvial do Sil, no Malecón.

Nesta cita participaban unha vintena de persoas de todas as idades. Ao chegar recibían bebidas e tamén doces para repoñer forzas.

O programa desta cita de natación, que organiza o Club Adas Natación en colaboración cos Concellos do Barco e Vilamartín, proseguirá pola tarde en Vilamartín. Alí a partires das cinco da tarde terá lugar a proba oficial do XII Circuíto Galego de Augas Abertas.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button