ConcellosÚltima hora

Procesión da Ramallosa, o 2 de agosto en Celanova

A procesión dos farois celébrase no marco das festas da Encarnación
Procesión da Ramallosa o ano pasado en Celanova/Foto: Carlos G. Hervella
Procesión da Ramallosa o ano pasado en Celanova/Foto: Carlos G. Hervella

Unha sorpresa na rúa Celso Emilio Ferreiro na madrugada do 1 de agosto, marcará o inicio das festas da Encarnación de Celanova. Unha celebración que continuará mañá 2 de agosto coa actuación de charangas por todo o pobo. Dende as sete da tarde e ata as catro da mañá, escoitarase a música de Fuego de Verín, Compostela de Santiago, XL de Xinzo, BCB de Celanova, Os Roquiños de Celanova, O Castelo de Vilanova dos Infantes, e Os Caliqueños de Verea. Tamén actuará a Banda de Música de Celanova.

E entre charanga e charanga, ás 23h. terá lugar a multitudinaria e vistosa procesión da Ramallosa, unha celebración non relixiosa caracterizada pola iluminación con farois de diferentes cores, ata o barrio da Encarnación. Na Alameda actuará o trío Lúa.

A programación continuará ao día seguinte domingo 3 de agosto cunha alborada a cargo da Banda de Celanova que tamén acompañará á procesión con posterior misa e sesión vermout. Pola noite, a orquestra Saudade 73 na rúa da Encarnación porá o broche ás festas deste ano.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button