ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión de San Antón en Sobradelo Vello

O domingo 18 de xuño celebraba o día grande das súas festas Sobradelo Vello. Un dos actos centrais era a procesión na honra de San Antón, que tiña lugar despois da misa, ao redor da unha do mediodía. Esta celebración coincidía ademais co Corpus. Como vén sendo costume, os veciños elaboraban unha alfombra de flores á entrada da igrexa.

Despois dos actos relixiosos, marcados por unha intensa calor, os veciños refrescábanse nos bares de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button