ConcellosÚltima hora

Programación cultural do Concello de Ribas de Sil

Do teatro á música nas noites da fin de semana de xullo no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio
As actividades terán lugar no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio. /Foto: Carlos G. Hervella.
As actividades terán lugar no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio. /Foto: Carlos G. Hervella.

Teatro, maxia, música e circo. Son as propostas do Concello e Ribas de Sil para o mes de xullo, actividades que se desenvolverán no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio.

A programación cultural arranca mañá sábado 4 de xullo ás 22h. co monólogo de José Mañana Capelán, “Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea”. Ao día seguinte, dommingo 5 de xullo tocaralle o turno ás “Manualidades” do novo circo de Javier Lago, a partires das 20h.

A seguinte fin de semana, 11 e 12 de xullo, ata San Clodio achegarase o mago Javier Muro coa súa “Fantasía Máxica” o sábado ás 22h; e o clown Arturo Cobas que porá en escena “Nono”, o domingo ás 20h.

O sábado 18 de xullo tocaralle o turno ao grupo de teatro local Augas do Sil que actuará ás 22h. E o domingo 19, ao contacontos Caxoto que trae ata San Clodio “Conto para escoitar mentres bailamos un vals”.

A última fin de semana do mes, haberá música da man do dúo de violín e piana Yoantonio, o sábado 25 ás 22h; e novo circo con Aitor Garuz e “O autoestopista intergaláctico”.

Artigos relacionados

Back to top button