Última horaViticultura

Promoción dos viños de Valdeorras na Coruña

“Tunel dos Viños de Valdeorras” no hotel Finisterre os días 6 e 7 de agosto
Copas con godello de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.
Copas con godello de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

Da man do Consello Regulador, as “Xornadas de Promoción da D.O. Valdeorras” continúan o seu desenvolvemento, desta volta coincidindo coas Festas de María Pita na Coruña, os días 6 e 7 de agosto.

A primeira xornada do “Túnel dos Viños de Valdeorras” será hoxe 6 de agosto de 18 a 20h. no Hotel Finisterre (Salón Miramar). Igual que na pasada edición, os asistentes poderán degustar as máis de 40 referencias que presentan as 16 adegas da D.O. que se desprazan ata A Coruña. Unha forma sinxela e eficaz de probar os novos viños da comarca de Valdeorras.

Para acceder ao túnel será imprescindible presentar a invitación xunto con 1 kilo de alimentos por participante, que irá destinado ao Banco de Alimentos Rías Altas.

Dentro das actividades de promoción está tamén o curso de aproximación á cata dos viños valdeorreses da man de Jorge Mazaira, director técnico da Denominación de Oríxe Valdeorras.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button