PolíticaÚltima hora

O PSOE provincial solicitará no Pleno a creación dun Pacto pola violencia de xénero

Asemade, solicitarán que haxa un cumplimento das mocións aprobadas nos plenos e que se elabore un informe semestral sobre as propostas cumpridas
Francisco Fraga e Susana Rodríguez. // Foto: Carlos Asensio.

O PSdeG-PSOE provincial vai levar ao Pleno ordinario do vindeiro mes de decembro a proposta dun Pacto Provincial Pola Violencia de Xénero, unha proposta “que levamos xa ao Debate do Estado da Provincia -o pasado 16 de novembro- e que se aprobou por unanimidade”, asegurou voceiro socialista Francisco Fraga na rolda de prensa hoxe, 22 de novembro, en Ourense.

O voceiro estivo acompañado pola deputada Susana Rodríguez que asegurou que en materia de violencia machista “precisamos máis recursos”. Rodríguez tirou de cifras para avalar as súas verbas, asegurando que 800 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas “máis vítimas ca nos atentados de ETA”, sentenciou. Asemade, reiterou que na provincia “triplicáronse os delitos de intimidación sexual”.

Por este motivo argumentou que hai que “actuar dende a base” adoptando medidas de prevención e sensibilización e por este motivo plantexan un “compromiso colectivo” para poder facer un traballo en rede cos concellos. Asemade, os socialistas plantexan que se faga unha partida orzamentaria para tal fin. Finalmente, a longo prazo, aseguran que proporán a creación dun Consello Provincial da Muller.

Susana Rodríguez reiterou que os Centros de Información Municipal da Muller (CIMM), xestionados pola Xunta e os Concellos, “non están a responder” asegurando que a Xunta “mira o problema moi por arriba” xa que moitos concellos “non teñen recursos para instauralo” por este motivo cren que a Deputación ten que tomar partido “e axudar aos concellos traballando en rede”, concluíu a deputada provincial.

Asemade, levarán a Pleno unha moción na que solicitarán ao Goberno provincial que haxa “un cumplimento das mocións aprobadas”. Neste eido reclaman que o executivo “respecte e acate os acordos adoptados polos representantes”, así como a creación dunha Comisión de Seguimento “formada por todos os partidos representados na Cámara e o secretario”, explicou Francisco Fraga, así como a creación dunha páxina web no Portal de Transparencia da Deputación “na que se publicarán os acordos aprobados”, explicou o deputado.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button