EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O público respalda o II Mercado de Nadal de Rubiá

Na tarde do domingo, 3 de decembro, a mostra incluía o acto de entrega de premios aos ganadores da primeira edición do concurso de fotografía “Rubiá sen filtros”

Numerosas persoas percorrían durante a pasada fin de semana o II Mercado de Nadal de Rubiá que se instalaba na Casa da Cultura desta localidade valdeorresa. Os produtos que a ducia de expositores participantes poñían é venda eran moi variadas e orixinais e ían dende diferentes obxectos de decoración navideña ata prendas de vestir, artesanía, doces e mesmo pan e licores.

Dende a organización, en mans do Concello de Rubiá, faise un balance moi positivo desta segunda edición. “Os expositores estaban moi contentos e satisfeitos polas vendas realizadas e todos coincindían en que repetirían para o ano que vén”, asegura a concelleira Laura Iglesias.

Ademais, no marco deste mercadiño, tiña lugar o domingo 3 de decembro a entrega de premios do concurso de fotografía “Rubiá sen filtros”, con dúas categorías: a de nenos (ata 18 anos) e a de adultos. O ganador no apartado de nenos era Leo Franco Iglesias, de 5 anos, cunha fotografía tomada na zona de “Os Arroxos”, un fermoso lugar cheo de soutos no concello de Rubiá. En segundo lugar quedaba Lucía Nieto Núñez, de 16 anos, cunha imaxe da zona da Baicela e o terceiro posto era para Christian Rodríguez Fernándes, de 7 anos, cunha foto de “Terra de Souto”.

No apartado de adultos o primeiro premio concedíaselle a David Franco Pires por unha instantánea da ruta da Nidieira, o segundo a Jacobo Fernández Meléndez por unha imaxe do camiño de Covas e terceira a Guillermo Rodríguez Díez por unha foto realizada en Biobra. Todos os galardoados recibían como premio unha serie de vales de compra en diferentes establecementos do municipio de Rubiá.

O xurado estaba formado polo alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, o técnico local de emprego, Ricardo Soto e polo fotógrafo barquense Javier Brasa. Ademais o resto de participantes (presentábanse ao certame un total de 11 traballos nesta primeira edición) no certame recibían unha bolsa de produtos típicos do concello formado por mel e castañas.

Con bolsas como estas eran tamén agasallados no acto de clausura do mercadiño os reponsables dos diferentes postos. Entregáballes este detalle a concelleira Laura Iglesias.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button