DeportesÚltima hora

O Pulpo Extreme celebra as súas probas “indoor”

A competición levouse a cabo noas instalacións municipais de Oira
Marta Míguez, Sofía Godoy, Jesús Vázquez e Mario Guede na inauguración do Pulpo Extreme.

O Pulpo Extreme, festival de cultura urbana e deportes extremos, celebrou hoxe, 30 de setembro, as súas primeiras probas “indoor”, é dicir, de interior, nas instalacións municipais de Oira.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na inauguración desta seccción “indoor” acompañada do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Educación, Sofía Godoy, e o deputado provincial de Deportes, Mario Guede.

A máxima responsable do deporte galego asegurou que “tras o rotundo éxito dunha nova edición do Marisquiño chega o Pulpo Extreme disposto a superar con creces os 17.000 asistentes da súa primeira edición”. “Desde a Secretaría Xeral para o Deporte seguiremos apoiando este evento que continúa coa súa meteórica progresión un ano máis”, engadiu.

Nas súas verbas, Marta Míguez valorou eventos como o Pulpo Extreme que “demostran que a actividade física está chea de posibilidades e que todos os membros da nosa sociedade poden atopar o seu recuncho”. Ademais falou da importancia deste tipo de festivais de deportes urbanos porque nos vindeiros Xogos Olímpicos de Toquio 2020 o “skate” será deporte olímpico.

A secretaria xeral fixo un repaso das cifras máis importantes do Pulpo Extreme recordando os máis de 150 representantes de tres continentes que se baterán durante estas cinco xornadas nas nove modalidades deportivas existentes como DHU (descenso urbano), skate, patíns en liña, quad (patín tradicional), BMX, scooter (patinete), graffiti, break dance ou DJing.

Artigos relacionados

Back to top button