En portada

Quiroga, capital da espeleoloxía galega

Este municipio acollerá unha triple cita de espeleólogos da comunidade entre os días 31 de outubro e 2 de novembro
Cartaz deste evento espeleolóxico que se celebrará en Quiroga.
Cartaz deste evento espeleolóxico que se celebrará en Quiroga.

Tres citas espeleolóxicas e celebracións nunha mesma fin de semana. Durante dous días Quiroga converterase en referente da espeleoloxía galega. Será do 31 de outubro e 2 de novembro. Este concello do sur lucense ten sido o escollido para realizar o I Campamento Galego de Veteranos, que coincide co XL Aniversario do GES Ártabros e coa V Gala da Espeleoloxía Galega. O progama inclúe ademais visitas e mostras fotográficas.

Así as asctividades espeleolóxicas centraranse nas cavidades de toda a “Serra do Courel” e do seu entorno “para os federados”, segundo informa o GES Ártabros, promotor da cita xunto coa Federación Galega de Espeleoloxía (FGE).

Ademais no marco da citada gala entregaranse os galardóns aos clubs e deportistas nominados previamente e que cumpriron 25 anos federados.

Artigos relacionados

Back to top button