CulturaÚltima hora

Quiroga prepara a súa I Festa Castrexo-Romana

Qui-Roma elebrarase o 23 de agosto na praza Maior desta localidade lucense
Cartaz desta festa romana en Quiroga.
Cartaz desta festa romana en Quiroga.

Quiroga rememorará o seu pasado vencellado a Roma cunha nova celebración nese verán: Qui-Roma. Trátase da I Festa Catrexo-Romana, que se desenvolverá o 23 de agosto na praza Maior desta vila da provincia de Lugo.

Ao longo de toda xornada haberá desfiles da lexión romana e animación musical. A partir das once abrirá as súas portas na praza un mercado romano e ás 13:30h. poderá desfrutarse de pulpo. Xa pola tarde, ás seis, organizaranse xogos para nenos e maiores e a partires das oito comezará unha festa da sangría, con bebida, comida e tamén co ritmo dunha discoteca móbil. O prezo da entrada a esta festa será de 10 euros, se ben os disfrazados pagarán unha entrada de 8 euros.

Esta celebración será organizada pola Asociación Quiroma en colaboración co Concello de Quiroga e coa Deputación de Lugo.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button