Ao longo dunha xornada Quiroga voltará a estar baixo as leis do Imperio romano. A vila retrocerá 2.000 anos para celebrar a terceira edición de “Qui-Roma. Festa castrexo-romana”. Será unha intensa xornada de actividades culturais, lúdicas e festivas nas que a localidade se encherá de lexións, togas, castrexos e gladiadores.
O programa, que organiza a Asociación Qui-Roma, encetarase ás dez da mañá cunha ruta de cabalos, seguida, ás once da apertura do Mercado Qui-Romano na praza Maior. Despois haberá exposicións e ás 11:30h. principiarán os desfiles da garda romana Lucus Equites e de gaiteiros romanos (Os Palletas de Quiroga).
Xa pola tarde haberá actividades infantís, como unha escola de gladiadores, presentarase o libro “Toca: El oro de Gallaecia” de Sonia Martínez, un bingo romano e ás 20:30h. o tradicional desfile pola coa participación de Xituma Batuke, seguido dunha loita de gladiadores na praza.
A festa continuará con novas propostas, como unha cea e un espectáculo nocturno de circo, ata a madrugada.