O presidente do Goberno visitaba o tramo comprendido entre Lubián e Ourense o 19 de agosto
O 2018 será o ano no que se porá en funcionamento a conexión Madrid-Galicia de alta velocidade. Así se sinalaba durante a visita que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, realizaba o 19 de agosto ás obras de conexión entre Madrid e Galicia na provincia de Ourense.
Rajoy, que estivo acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, entre outras autoridades, achegábase ao tramo comprendido entre Lubián (Zamora) e Ourense. No percorrido comprobaba os avances no túnel de Prado, que conta con dous tubos de 7,6 km, con 52m2 de sección libre e 4,4 m de radio cada un.
Despois, en Celanova, Rajoy atendía aos medios de comunicación no interior do Claustro de San Rosendo.