DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As rapazas do Rúa feminino sucumben ante o Conxo

A última derrota (1-2) mantén ás rapazas de Ricardo Basteiro no 5º posto da clasificación

Non pudo ser. Malia dominar o encontro e dispoñer de moitas ocasións, a defensa das rivais e a falta de acerto impediron que as rapazas do Rúa-Valdeorras CF sumasen os tres puntos en xogo no partido contra C.D. Conxo disputado na mañá do 19 de marzo.

As compostelanas adiantábanse no marcador co gol de Uxía no minuto 12 e a partires de aí, as locais envorcáronse no xogo pero o esférico non quixo entrar e a primeira parte do partido correspondente á xornada 22ª remataba co 0-1. Xa na segunda parte, máis do mesmo e non sería ata o minuto 73 cando Sabela, unha das xogadoras máis activas do partido, lograba o ansiado empate. O resultado pudo ser distinto pero só catro minutos máis tarde Darian sentenciaba o encontro co segundo gol para o Conxo.

Con este resultado, a falta de catro partidos para o final da liga, o equipo que dirixe Ricardo Basteiro mantense no 5º posto da clasificación, lonxe dos postos de ascenso. A próxima cita das ruesas será a vindeira fin de semana en Rianxo contra C.D. Unión.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button