Galerías de fotosÚltima hora

Reábrese O Xugo con nova xerencia, no Barco

O Xugo vén de abrir de novo as súas portas o 20 de febreiro cunha nova xerencia e ademais convertido en Café-Bar Restaurante. Este establecemento, situado na céntrica rúa Pescadores do Barco, conta con menú do día e as fins de semana dispón dun menú especial.

Asemade na zona de cafetería tamén ofrecerá un servizo de tapas, pinchos e platos combinados. E ademais os domingos terá um horario de atención ao público que irá das seis da mañá ata as tres e media da tarde.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button