Galerías de fotosÚltima hora

Reapertura do café-bar Luna’s na Rúa

O establecemento hostaleiro, totalmente renovado, abría as portas con nova xerencia

Na tarde-noite do 23 de outubro, o café bar Luna’s reabría as portas na Rúa. E facíao cunha decoración e un ambiente totalmente renovado. “Queriamos conseguir algo diferente, máis acolledor” explica o xerente, Marcos Salgado Oreiro. E para logralo, contou co artista José Luis Prieto “Lili” que se encargou do deseño, decoración e pintura do establecemento hostaleiro, sito na rúa Campogrande, “foi todo moi rápido e en vinte dias tiñámolo listo” di Marcos.

Así, despois de moitos anos e numerosos xerentes, o mítico Luna’s comeza unha nova etapa con ampliación da carta de viños e a barra dividida decorativamente en espazos: viño, cervexa, copas e café, en función da hora do día e da clientela.

No local tamén se servirá gran variedade de pinchos con cada consumición e a última fin de semana de novembro participará na VI Ruta das Tapas da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button