OurenseÚltima hora

Recepción na Subdelegación do Goberno dos premiados no concurso da Constitución

Recén chegados da viaxe a Madrid os rapaces foron recibidos polo subdelegado, Roberto Castro
Os premiados no Concurso da Constitución co subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.
Os premiados no Concurso da Constitución co subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

Preto dunha vintena de rapaces da provincia de Ourense, foron premiados no concurso da Constitución convocado pola Subdelegación do Goberno, cunha viaxe a Madrid. Nos cinco días que durou a excursión, os rapaces visitaron o Congreso dos Deputados, o Senado, o Museo do Prado, El Escorial, Palacio Real e diversos parques de ocio como o Zoolóxico, o Parque Warner, Santiago Bernabeu, Madrid SnowZone nos que tamén desenvolveron varias actividades lúdicas, tal como explican dende a Subdelegación.

Os escolares, de diferentes puntos da provincia, regresaban na tarde do 24 de xuño, sendo recibidos polo propio subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

Artigos relacionados

Back to top button