Recepción no Concello de Trives aos mellores deportistas das súas escolas municipais

No acto, no que participaban o alcalde e o concelleiro de Deportes, facíaselles entrega de trofeos aos campións

O salón de actos da Casa Consistorial trivesa acollía a semana pasada un acto de recoñecementos aos mellores deportistas das súas escolas municipais.

O alcalde e o concelleiro de Deportes de A Pobra de Trives recibían ao equipo de cadetes de Fútbol Sala, das Escolas Deportivas Municipais, campións provinciais, e en atletismo a Marino Fernández, 1° posto en Pelota na categoría Benxamín; Érika Baloira que foi 3° posto en Pelota na categoría Benxamín, a Brais Fernández, 1°posto en Peso e 2° posto en 500 ml. categoría Infantil.

Fixéronlles entrega dun trofeo e dun diploma a cada un deles, felicitándoos polos bos resultados obtidos. Tamén lle daban a noraboa ao seu entrenador, Tino Sierra, por ese esforzo e pola gran melloría nas súas marcas durante este ano.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies