CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Recolleita de palabras, pintura e un festival das Letras Galegas, en Trives

Deporte, xogo e lingua en familia. Eran os tres ingredientes da singular ruta “Camiñando pola lingua” coa comezaba o 17 de maio, Día das Letras Galegas, en Trives. A ruta partía ás dez  da mañá dende o Paseo de San Roque, onde está colocada unha placa colocada en lembranza de Carlos Casares, e cubría unha distancia duns 4 km. Neste roteiro os cativos ían buscando letras para formar palabras, que se completaban ao final do traxecto.

Despois, ao redor do mediodía comenzaba un obradoiro de pintura no parque da praza de abastos. Nel grandes e pequenos ateigaban o mural de fermosas palabras galegas, rodeando ademais o parque cun “tendal xigante” de palabras pintadas. Ademais reproducíase a figura de Carlos Casares,  protagonista desta xornada creativa e literaria.

O programa da xornada continuaba pola tarde, xa no Auditorio Julio Vázquez, cun acto cultural de música e baile, no que se subían tamén ao escenario grandes e pequenos.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button