EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Recoñecemento ás empresas valdeorresas polo seu apoio ao labor social

Cruz Vermella entregoulles unha placa pola súa colaboración coa organización

Ao longo do ano 2017 máis de 400 empresas colaboraron con Cruz Vermella en distintos ámbitos. Segundo os datos facilitados pola organización, dende o Plan de Emprego contactaron con 230 empresas da provincia, coas que se realizaron 466 colaboracións de diferente tipo: firma de convenios de colaboración, intermediación de ofertas de emprego, participación en sesións de orientación, ou a participación na selección de candidatos para os cursos de capacitación e a posterior acollida para a realización de prácticas non laborais nos seus centros de traballo.

Para agradecer e recoñecer as distintas colaboracións realizadas polo tecido empresarial ourensán co labor social de Cruz Vermella na provincia, organizáronse actos no Barco de Valdeorras e Ourense. O de Valdeorras tiña lugar na tarde-noite do 29 de novembro no Teatro Lauro Olmo. Un acto presentado por Ainhoa Carracedo de Alba e María Fernández Martínez no que se entregaron os recoñecementos a máis de 50 empresas entre elas, o Hotel Monumento Pazo do Castro, O Barco Centro Comercial Aberto, O Hospital Comarcal Valdeorras, O Prenda Outlet, Miranda Moda, ou Sala Baranda.

O acto enmárcase no proxecto “Reto Social Empresarial en materia de inserción laboral: Alianzas” e contou coa presenza do equipo directivo e técnico da organización, e a intervención de Noelia Mayo, responsable do proxecto e de Lina Beatriz, unha das participantes no programa que contou a súa propia experiencia.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button