ConcellosÚltima hora

Recoñecemento da “Energy Globe Adward” ao Concello do Barco

A fundación, con sede en Austria, convidou á entidade local a participar no seus premios sobre medio ambiente
Presentación do programa de compostaxe doméstica no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Presentación do programa de compostaxe doméstica no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

A fundación “Energy Globe Adward” vén de convidar ao Concello do Barco
a participar nos seus premios mundiais de medio ambiente, uns galardóns que premian proxectos a nivel nacional e internacional que usan recursos de xeito sustentable, e utilizan enerxías renovables ou libres de emisións contaminantes.

Tal como adiantan dende o Concello, no caso do Barco, na carta de invitación remitida pola organización ao Departamento de Medio Ambiente “valóranse os proxectos desenvolvidos polo goberno local nesta materia, entre os que se poden mencionar o núcleo de sostibilidade, con todo o que esto implica, a Axenda 21, os premios Bandeira Verde, os programas de compostaxe e reciclaxe, e proxectos relacionados coa optimización dos recursos naturais”.

Con sede en Austria, a Fundación Energy Globe Adward creou os premios en 1999, e cada ano estúdanse 1.000 proxectos, dun total de 165 países de todo o mundo. Os participantes presentan as mellores prácticas ou solucións sostibles, en calquera das 5 categorías existentes (terra, lume, auga, aire e xuventude). A organización concede un premio
nacional entre tódolos proxectos de cada país, e outro internacional para cada unha das categorías, e entre eles, un Gran Ganador.

O Concello do Barco está preparando o seu proxecto, para remitilo á fundación.

Artigos relacionados

Back to top button