ConcellosÚltima hora

Recta final para presentar ideas para o proxecto integral do Parque do Carballiño

Dende o pasado 1 de agosto, tanto persoas como colectivos ou centros educativos ou persoas xurídicas poden rexistrar as súas propostas até o 15 e novembro
Imaxe do Parque Municipal do Carballiño. // Foto: Concello do Carballiño.
Imaxe do Parque Municipal do Carballiño. // Foto: Concello do Carballiño.

A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño insta a todos os interesados a apurar as súas propostas para o proxecto integral do Parque Municipal da vila. O prazo entra na súa recta final, que leva aberto dende o pasado 1 de agosto, para facilitar que tanto persoas físicas como xurídicas -individuos e entidades- poidan aportar a súa idea para reformar este espazo verde. O 15 de novembro será o último día, segundo explicaron dende o departamento que dirixe Erika Paz.

Tamén lembran que o devandito proxecto ten por obxecto mellorar o entorno deste entorno natural que conta cunha superficie de 32 hectáreas de arbolado e zona verde, con prazas, avenidas e camiños. Así, prégase aos participantes que aporten a súa idea respectando o medio ambiente co disfrute. Premiarase tamén aqueles proxectos que procuren un uso sostible dos recursos naturais cos que conta, sen que as actividades de ocio e disfrute poñan en perigo a súa conservación.

Esta idea de reformar o parque foi aprobada en pleno pola Corporación Municipal a finais de outubro de 2015 que, mediante este concurso, busca tamén facer partícipe a toda a veciñanza. Unha vez rematado o prazo, avaliaranse as propostas para ver cales son viables e poden integrar o proxecto final, que se redactará no vindeiro ano.

Artigos relacionados

Back to top button